jueves, 10 de junio de 2010

O proceso de descolonización

Nesta unidade imos estudar que pasou cos países que foran colonizados (dominados política e económicamente) en África, Asia e América polas potencias industriais europeas. Pensas que se opuxeron a ese dominio foráneo ou seguiron igual? A gran maioría se independizaron, é dicir, conseguiron un goberno propio pero houbo unha serie de dificultades. Cos seguintes recursos poderás ver que pasou en cada lugar. Despois poderás responder ás preguntas.



Resume o contido dos vídeos que están ao final.

Preguntas: Non tes que copialas senón responder directamente nun folio.

1. Nos países colonizados quen foron os primeiros que se deron conta de que a xente do país estaba fóra do goberno? Que decidiron facer? Que querían conseguir?

2. Quen foron: Gandhi e Kemal Ataturk? Cales son os seus países de orixe? Que conseguiron para eles? Como o levaron a cabo? Como foi o seu final? Parécenche xente admirable? Por que?

3. Sinala coas túas palabras as 5 principais causas do inicio da descolonización: por que os países colonizados decidiron porse en contra das metrópoles que os dominaban política e económicamente? Pistas:

a) Descontento social. Por que?

b) Desprestrixio das metrópoles. Por que?

c) O sangue derramado. A que nos referimos con este termo?

d) O labor dos EEUU consistiu en...

e) A Organización de Nacións Unidas... que fixo, que é e de que se encarga este organismo?

4. Que países tiveron guerra da independencia e que países non a tiveron fara desfacerse do

dominio da metrópole?

5. Como se independizou a India e de quen? Que dificultades tivo?

6. Que pasou en Sudáfrica e na India? Fai un resumo do que máis de chame a atención desta páxina.

7. Como se independizou África e de quen? Que dificultades tivo e cales foron as consecuencias? Fíxate neste vídeo de que países africanos fala e cando di que se produce a independencia da maioría deles.




Enlace sobre a descolonización.


No hay comentarios:

Publicar un comentario