jueves, 17 de junio de 2010

Feitos e personalidades máis importantes do século XX

Como síntese final desta materia imos dedicar a última clase a lembrar os feitos e as persoas que se consideran máis importantes do século pasado. Nesta presentación atoparás as respostas ás preguntas que tes a continuación:




Lo más trascendental del siglo XX en hechos y cifras


1. Investiga sobre os feitos históricos que se atopan na lista nos lugares 1, 10 e 13? Que é o que máis te chama a atención do seguinte vídeo?




2. Investiga sobre os conflitos bélicos que se atopan nos números 4, 5, 6 e 8 da lista? Cal foi a súa orixe ou que os motivou?



3. Elixe catro personalidades importantes do século XX da lista e explica por que o son, que pensas que aportaron a humanidade? Que poderias dicir de Nelson Mandela? Explica de quen fala o vídeo e por que é importante? Que aportou á humanidade?



4. Explica algunha das teorías de Einstein?

5. Escolle os descubrimentos científicos ou tecnolóxicos que consideres máis importantes segundo a túa opinión da lista e explica por que motivo cho parecen?

6. Para acabar escolle tres desastres ou erros científicos ou tecnolóxicos que te parezan especialmente graves. Explica de que desastre se fala no seguinte vídeo. Investiga en que lugares de España hai centrais nucleares. Cales son as ventaxas e as desventaxas de este tipo de enerxía?



6. Cal se considera a enfermidade do século XX? Estás de acordo? Cal consideras peor e por que?Explica de que fala o seguinte vídeo e se che parece útil ou necesario hoxe en día? Por que?

jueves, 10 de junio de 2010

O proceso de descolonización

Nesta unidade imos estudar que pasou cos países que foran colonizados (dominados política e económicamente) en África, Asia e América polas potencias industriais europeas. Pensas que se opuxeron a ese dominio foráneo ou seguiron igual? A gran maioría se independizaron, é dicir, conseguiron un goberno propio pero houbo unha serie de dificultades. Cos seguintes recursos poderás ver que pasou en cada lugar. Despois poderás responder ás preguntas.



Resume o contido dos vídeos que están ao final.

Preguntas: Non tes que copialas senón responder directamente nun folio.

1. Nos países colonizados quen foron os primeiros que se deron conta de que a xente do país estaba fóra do goberno? Que decidiron facer? Que querían conseguir?

2. Quen foron: Gandhi e Kemal Ataturk? Cales son os seus países de orixe? Que conseguiron para eles? Como o levaron a cabo? Como foi o seu final? Parécenche xente admirable? Por que?

3. Sinala coas túas palabras as 5 principais causas do inicio da descolonización: por que os países colonizados decidiron porse en contra das metrópoles que os dominaban política e económicamente? Pistas:

a) Descontento social. Por que?

b) Desprestrixio das metrópoles. Por que?

c) O sangue derramado. A que nos referimos con este termo?

d) O labor dos EEUU consistiu en...

e) A Organización de Nacións Unidas... que fixo, que é e de que se encarga este organismo?

4. Que países tiveron guerra da independencia e que países non a tiveron fara desfacerse do

dominio da metrópole?

5. Como se independizou a India e de quen? Que dificultades tivo?

6. Que pasou en Sudáfrica e na India? Fai un resumo do que máis de chame a atención desta páxina.

7. Como se independizou África e de quen? Que dificultades tivo e cales foron as consecuencias? Fíxate neste vídeo de que países africanos fala e cando di que se produce a independencia da maioría deles.




Enlace sobre a descolonización.