jueves, 17 de junio de 2010

Feitos e personalidades máis importantes do século XX

Como síntese final desta materia imos dedicar a última clase a lembrar os feitos e as persoas que se consideran máis importantes do século pasado. Nesta presentación atoparás as respostas ás preguntas que tes a continuación:




Lo más trascendental del siglo XX en hechos y cifras


1. Investiga sobre os feitos históricos que se atopan na lista nos lugares 1, 10 e 13? Que é o que máis te chama a atención do seguinte vídeo?




2. Investiga sobre os conflitos bélicos que se atopan nos números 4, 5, 6 e 8 da lista? Cal foi a súa orixe ou que os motivou?



3. Elixe catro personalidades importantes do século XX da lista e explica por que o son, que pensas que aportaron a humanidade? Que poderias dicir de Nelson Mandela? Explica de quen fala o vídeo e por que é importante? Que aportou á humanidade?



4. Explica algunha das teorías de Einstein?

5. Escolle os descubrimentos científicos ou tecnolóxicos que consideres máis importantes segundo a túa opinión da lista e explica por que motivo cho parecen?

6. Para acabar escolle tres desastres ou erros científicos ou tecnolóxicos que te parezan especialmente graves. Explica de que desastre se fala no seguinte vídeo. Investiga en que lugares de España hai centrais nucleares. Cales son as ventaxas e as desventaxas de este tipo de enerxía?



6. Cal se considera a enfermidade do século XX? Estás de acordo? Cal consideras peor e por que?Explica de que fala o seguinte vídeo e se che parece útil ou necesario hoxe en día? Por que?

jueves, 10 de junio de 2010

O proceso de descolonización

Nesta unidade imos estudar que pasou cos países que foran colonizados (dominados política e económicamente) en África, Asia e América polas potencias industriais europeas. Pensas que se opuxeron a ese dominio foráneo ou seguiron igual? A gran maioría se independizaron, é dicir, conseguiron un goberno propio pero houbo unha serie de dificultades. Cos seguintes recursos poderás ver que pasou en cada lugar. Despois poderás responder ás preguntas.



Resume o contido dos vídeos que están ao final.

Preguntas: Non tes que copialas senón responder directamente nun folio.

1. Nos países colonizados quen foron os primeiros que se deron conta de que a xente do país estaba fóra do goberno? Que decidiron facer? Que querían conseguir?

2. Quen foron: Gandhi e Kemal Ataturk? Cales son os seus países de orixe? Que conseguiron para eles? Como o levaron a cabo? Como foi o seu final? Parécenche xente admirable? Por que?

3. Sinala coas túas palabras as 5 principais causas do inicio da descolonización: por que os países colonizados decidiron porse en contra das metrópoles que os dominaban política e económicamente? Pistas:

a) Descontento social. Por que?

b) Desprestrixio das metrópoles. Por que?

c) O sangue derramado. A que nos referimos con este termo?

d) O labor dos EEUU consistiu en...

e) A Organización de Nacións Unidas... que fixo, que é e de que se encarga este organismo?

4. Que países tiveron guerra da independencia e que países non a tiveron fara desfacerse do

dominio da metrópole?

5. Como se independizou a India e de quen? Que dificultades tivo?

6. Que pasou en Sudáfrica e na India? Fai un resumo do que máis de chame a atención desta páxina.

7. Como se independizou África e de quen? Que dificultades tivo e cales foron as consecuencias? Fíxate neste vídeo de que países africanos fala e cando di que se produce a independencia da maioría deles.




Enlace sobre a descolonización.


jueves, 27 de mayo de 2010

O comunismo

Despois de ver os vídeos responde ás seguintes preguntas en forma de redacción:

Vídeo 1: Que se critica do capitalismo? Estás de acordo con esta idea? Por que?




Vídeo 2 e 3: Por que se produce a Revolución Rusa, quen toma o poder e a quen se derrota, que líderes tivo e a que cambios conduce a Rusia?






Vídeo 4: Que é o Marxismo e quen ten que ver coa Revolución Rusa?



Vídeo 5: Que é a Perestroika? A que puxo fin e quen a levou a cabo?



Vídeo 6: Que é o capitalismo?



Vídeos 7 e 8: Que foi a Guerra Fría? Que sistema político hay en China? En que consiste? Como é a economía de China na actualidade?





Vídeo 9: Que pasou en Cuba? Que sistema político se impuxo? En que consiste? Quen levou a cabo a Revolución Cubana? Que diferencias atopas con China?





Audiovisuais sobre a Revolución Rusa.

jueves, 13 de mayo de 2010

A Revolución Industrial



Enlace 1: exercicios sobre a Revolución Industrial.

Enlace 2: exercicios sobre a Revolución Industrial.

PREGUNTAS SOBRE A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Tes que enviar as respostas a: covadatrasna@hotmail.com Se non tes correo podes empregar o seguinte pedíndolle o contrasinal á profesora: alumnosterraturonio@hotmail.com

1. Onde comeza e por qué se produce a Revolución Industrial? Que cambio se produce no sistema de produción?

2.Cales foron as principais innovacións técnicas da Revolución Industrial? A qué campos afectaron?

3. Compara a situación do mundo antes e despois da Revolución Industrial en distintos aspectos: agricultura, industria, comercio, sociedade, cidades, población.

4. Explica en qué radicou a importancia do ferrocarril na Revolución Industrial.

5. Establece as diferencias existentes entre a 1ª R. Industrial inglesa e a 2ª.

6. Qué zonas de Europa e outros continentes se industrializaron a partir da segunda metade do século XIX. Cando se industrializa España?

7. Analiza e comenta o seguinte texto:

“En la manufactura y en la industria manual, el obrero se sirve de la herramienta; en la fábrica, sirve a la máquina. Allí, los movimientos del instrumento de trabajo parten del él; aquí, es él quien tiene que seguir los movimientos de aquella. En la manufactura, los obreros son otros tantos miembros de un mecanismo vivo. En la fábrica, existe por encima de ellos un mecanismo muerto, al que se les incorpora como apéndices vivos. (...) El trabajo mecánico afecta enormemente al sistema nervioso, ahoga el juego variado de los músculos y confisca toda la libre actividad física y espiritual del obrero. Hasta las medidas que tienden a facilitar el trabajo se convierten en medio de tortura, pues la máquina no libra al obrero del trabajo, sino que priva a este de su contenido (...) La supeditación técnica del obrero a la marcha uniforme del instrumento de trabajo y la composición característica del organismo de trabajo, formado por individuos de ambos sexos y diversas edades, crean una disciplina cuartelaria que se desarrolla hasta integrar el régimen fabril perfecto, dando vuelos al trabajo de vigilancia (...) y, por tanto, a la división de los obreros en obreros manuales y capataces obreros, en soldados rasos y suboficiales del ejército de la industria (...) El látigo del capataz de esclavos deja el puesto al reglamento penal del vigilante”.
Karl Marx. El Capital. Crítica de la economía política, Vol. 1 (1867).

8. Qué factores provocaron o crecemento da poboación europea?